Saturday 11 de May de 2024

O pleno da Deputación da Coruña dá luz verde á desafectación da súa parcela de Sabón


Tamén por unanimidade se aprobou o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2015, que conta cunha inversión de 10,4 millóns

A Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade en pleno a desafectación dunha das súas parcelas no polígono de Sabón. Este trámite, o primeiro paso para proceder á venta destes terreos de propiedade provincial, consiste no cambio de calificación dun ben que ata agora era de dominio público e pasará agora a ter carácter patrimonial.

Así, este cambio se expoñerá ao público a través do BOP durante un prazo dun mes. Transcorrido este tempo volverá ao pleno para a súa aprobación definitiva.

O obxectivo é poñer á venta de forma conxunta esta e outra parcela colindante a través do sistema de poxa por 2.596.468,46 de euros.

Tamén na sesión desta mañá o pleno aprobou co voto a favor de todos os deputados as obras e actuacións incluídas no Plan de Conservación de Vías Provinciais para 2015, que supón un investimento de 10,4 millóns de euros nas estradas propiedade da Deputación.

Neste plan inclúense todo tipo de actuacións para garantir a seguridade dos condutores e peóns, dende o reforzo do firme (vaise renovar o 11% da capa de rodadura da rede provincial) ata a limpeza e roza de cunetas, que afectará a mais de 2.145 quilómetros. A través deste programa se incorporarán tamén 1.568 sinais de tráfico, se procederá a unha nova sinalización horizontal ao longo de 554 quilómetros e se pintarán 412 pasos de peóns. Coas actuacións instalaranse 2.079 metros lineais de biondas ou varandas.

Por último, o plan do presente ano contempla obras de drenaxe que repararán tajeas danadas ou atascadas, e a renovación de ramplas salvacunetas en interseccións. Alcanzaranse 876 metros de novas tubaxes e 146 unidades de tajeas.

Actividades no dolmen de Dombate
Noutro orde de cosas, no pleno celebrado esta mañá tamén se deu o visto bo á renovación do convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Cabana de Bergantiños para a atención de visitantes ao dolmen de Dombate e o programa de actividades que se poñerán en marcha ao longo dos próximos meses.

A través deste acordo, o concello asume a responsabilidade de organizar e recibir as visitas ao conxunto megalítico, ademais de facilitar un monitor-guía e garantir a conservación de todo o recinto.

Durante a temporada baixa (de xaneiro a marzo e de outubro a decembro) a atención a visitantes se centra nos fines de semana e o venres para as visitas dos centros escolares en horario de 10.30 a 14.00 e de 15.30 a 18.00 horas.

En temporada alta (Semana Santa, xullo, agosto e setembro) o horario de visitas se amplía ata as sete horas diarias: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Pero ademais, o dolmen está aberto todos os días para visitas libres de 09.00 a 19.00 horas.

Ademais, este ano, o dolmen repetirá as visitas nocturnas organizadas por primeira vez o pasado verán con gran éxito de participación. Nesta ocasión a primeira ruta nocturna está prevista para o 3 de xullo e repetirase de 23.00 a 24.00 horas todos os venres durante os meses de xullo e agosto.

En canto ao calendario de actividades, o Concello de Cabana de Bergantiños ten previsto música e obras teatrais, obradoiros artesanais, actividades de divulgación e científicas e eventos deportivos. Se o ano pasado foi unha carreira popular, nesta ocasión será arqueociclismo, é dicir, un percorrido cicloturístico polo chan de Borneiro e paradas en lugares de interese arqueolóxico.

Pola súa banda, a Deputación da Coruña achega 60.000 euros ao Concello para que poida organizar todas estas actividades e abonar os servizos de guía.